O Equipo Cadete Masculino Clasificouse para xogar a eliminatoria para a final four. Pasaron a
esta eliminatoria os catro primeiros de cada grupo.
Un deporte, unha pasión...
mércores, 12 de maio de 2021
Eliminatoria FInal Four Cadete Masculino
mércores, 5 de maio de 2021
Programación para o fin de semana do 7/9 de maio
Este fin de semana os cadetes xogan este venres pola tarde o partido aprazado en Arteixo, e o domingo co BM Lucus no Quiroga Palacios. Moi importantes puntuar nestes dous partidos, xa nos xogamos pasar a eliminatoria pola Final Four. Pasan os 4 primeiros de cada grupo.
Os infantís e os alevíns xogan o domingo en Lugo a derradeiras xornada desta fase. Cos infantís empezamos esta tempada moi resentidos polas baixas de xogadores, pero agora a final de tempada co apoio dos alevíns están a progresar moito. Os alevíns rodáronse moito en categoría infantil e veulles ben a hora de competir na súa categoría, a falta de dúas xornadas seguen no segundo posto.
Os equipos sénior e xuvenil masculino xa acabaron as súas fases para esta tempada. O equipo senior tivo unha segunda fase con unha progresión moi boa sempre dando un pouco mais. O ultimo partido contra o Carnes do Ribeiro perdeuse de 3 goles levándonos na táboa clasificatoria do 1º posto ao 3º empatados co 2º a puntos. De gañar este partido pasariamos a xogar a Final Four.
O Equipo xuvenil este ano estivo moi tocado polas lesións, o que imposibilitou ao equipo loitar por estar ai arriba. Moitos ánimos para todos os lesionados e pronta recuperación.
O Equipo cadete feminino a falta dunha xornada para acabar a liga de prata seguen clasificadas no segundo posto, e clasificadas xa para xogar a Final Four. Esperemos que as lesións non nos impidan participar.
venres, 30 de abril de 2021
Xornada de alevín 5 1 de maio en Santiago. Partidos en directo.
Pincha aquí para ver a Galería de fotos de todos os partidos
10:15
Pista1
Pista2
11:15
Pista1
Pista2
12:15
Pista1
Pista2
martes, 27 de abril de 2021
Mini Balonmán en Santiago e mais...
Este fin de semana temos moito balonmán, o sábado pola maña organizamos a concentración de Alevin5 no pavillón Santa Isabel. A este evento asisten equipos de Narón, Santa Comba, Arteixo, Lugo e Santiago. Os partidos empezaran as 10:15 e acabaremos sobre as 13:00 horas.
Na maña do sábado
os cadetes tomaran rumbo para xogar en Narón, partido moi importante xa que
estamos empatados a 8 puntos catro equipos para optar ao 2º posto da táboa.
O Domingo xogan
na casa as nosas cadetes femininas o derradeiro partido desta fase. A pesares
das baixas que tivo esta tempada o equipo por distintas lesións están clasificadas
no 2º posto empatadas a puntos co primeiro, iso si con un partido mais. Moi voa
tempada.
Os xuvenís nesta ocasión
tamén viaxan este domingo a Redondela. Este equipo tamén se resentiu moito
polas lesións, moito mérito loitando coa plántalla moi tocada.
E como non iamos
a facer mención do equipo sénior, equipo de nova creación con xogadores que saíron
da canteira e outros que se uniron para formar parte do Ribadosar.
Gran tempada a
pesares de todas as dificultades que tivemos coas poucas horas de adestramento,
adestrando sen resina, asistindo aos primeiros partidos sen coñecerse os
xogadores por adestrar en dous grupos de adestramento (polas medidas covid19)
etc. E con todo iso o pasado fin de semana perdemos un partido de 3 goles que
de gañalo podiamos meternos na final four polo ascenso a 1ª autonómica. Noraboa!!
Tamén recordar dende aquí e darlles moita forza e ánimos
e unha pronta recuperación a todolos/as
xogadores/as lesionados/as esta tempada.
Jorge, Bruno,
Dani, Lidia, Sabela, Noela, Carla
mércores, 21 de abril de 2021
Horarios partidos para o 24 e 25 de Maio
Este fin de semana temos partidos.
Sábado pola mañá o
equipo alevín xoga dúas xornadas en
Santa Comba, os cadete masculino xogan en Santiago contra o SD Eume, pola tarde o equipo senior ten a ultima
xornada da grupo pola Final Four contra o Carnes do Ribeiro con opcións de
clasificarse para xogar a Final Four.
Domingo pola mañá
xoga infantil masculino no Quiroga Palacios, o xuvenil masculino no Restollal e
o cadete feminino tócalle viaxar a Culleredo.
martes, 13 de abril de 2021
Programación para o 17 e 18 de abril
Un fin de semana mais a tope de balonmán.
O equipo cadete feminino xoga o sábado de mañan no Quiroga Palacios contra o BM Brigantium B. Pola tarde viaxan a Culleredo e Arteixo os equipos infantil masculino e o cadete masculino.
O domingo pola
mañan tocalles ao equipo Alevín viaxar a
Narón a disputar a xornada 3 e 4 da primeira fase, e logo pola tarde temos no
Pavillon do Restollal o equipo senior masculino as 18:00 contra o BM Xallas.
Estate atento as
nosas redes para poder ver os partidos en streaming.
mércores, 7 de abril de 2021
Inicio de Competición Alevín 5, horarios partidos.
Inicio competición Alevín 5
Esta fin de
semana empezan as competición os alevíns. Van a xogar un total de 10 xornadas
en formato de concentración en 5 sedes distintas, esta fin de semana tócanos ir
a Lugo. Xogaremos alí a xornada 1 e 2.
Os equipos das demais categorías.
Sénior Masculino
descansa, o xuvenil masculino viaxa a Vigo o sábado pola tarde, cadete
masculino e feminino viaxan a Lugo o sábado pola maña, ademais o cadete
masculino dobra xornada e o domingo xoga na casa contra o Viveiro e os infantís
xogan na casa contra o Oar Coruña o Domingo a primeira hora.
Público nos partidos
Polo de agora en
Santiago non nos permiten público, en algúns concellos aos que imos xogar si
permiten un aforo moi reducido. Dende o BM Ribadosar desaconsellamos viaxar
como publico a ningunha instalación polo de agora.
Estate atento as
nosas redes sociais, na medida no posible intentaremos retransmitir os partidos
en directo.
Moita sorte a todos/as e a desfrutar do balonmán
con #sentidiño, non nos relaxemos coas medidas anti-COVID.







