Publicase o listado de candidatos provisional.
Todo aquel que queira poñer unha reclamación ten que facelo enviando un email a ribadosar@gmail.com poñendo no asunto "Reclamación Listado Presidencia" antes do 7 de agosto as 20:00 horas.
Todo aquel que queira poñer unha reclamación ten que facelo enviando un email a ribadosar@gmail.com poñendo no asunto "Reclamación Listado Presidencia" antes do 7 de agosto as 20:00 horas.
Comunicado Importante para os socios/as do Club Balonmán Ribadosar
Dende aquí
diríxome a todos os socios/as para comunicar que temos que facer eleccións a
presidencia do club.
Este
proceso conta con varias fases que enumero agora:
·
Ábrese un prazo dende o día 26 de xullo de 2021 ata o 2
de agosto de 2021 para presentacións de candidaturas a presidencia.
o Os requisitos
para poder presentar a candidatura e ser socio do club e estar ao corrente dos
pagos, e ser maior de idade.
o Calquera
que este interesado/a que cumpra estes requisitos pode presentar a candidatura cubrindo
o anexo que podes descargar aquí e envialo por e-mail a ribadosar@gmail.com antes das 20:00 horas
do próximo 2 de agosto de 2021.
·
A partires do 3 de agosto publicarase neste sitio o
listado provisional de candidatos/as.
o Ábrese
un prazo reclamación sobre esta lista dende o día 3 de agosto ata as 20:00
horas do 7 de agosto de 2021. Hai que enviar a reclamación ao e-mail ribadosar@gmail.com.
· O día 9 de agosto publicarase neste sitio o listado definitivo de candidatos/as, así como a data para Asemblea de socios/as para o día 17 de agosto 2021 as 21:30 horas para a votación dos socios de forma telemática.
O Ribadosar precisa de ti, presenta a candidatura!!
No Balonmán Ribadosar xa estamos preparando a tempada 21/22,
Se queres formar parte dos nosos equipos pincha no cartel para aceder ao formulario de preinscripción.
ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO:
DATAS DE INICIO - FINALIZACIÓN DO CURSO:
O Equipo Alevin 5 do BM Ribadosar clasificouse no segundo posto da táboa.
Esta clasificación
dálle acceso a xogar a esta fin de semana a a Liga Hummel que se xoga en Narón,
no pavillón da Gandara.
Esta fase
xogarase o domingo 23, as 11:00 da maña xogase a semifinal contra o Bm Lucus.
En función do resultado que se obteña neste partido, xogan polo primeiro/segundo
posto as 13:00 horas ou polo terceiro/
cuarto posto as 12:00.
Estate atento/a
as redes para enterarte dos resultados e de que partido nos toca xogar
123ArribaRibadosar!!!
O Equipo Cadete Feminino
do BM Ribadosar clasificouse no segundo posto da táboa.
Esta clasificación
dálle acceso a xogar a esta fin de semana a Final Four que se xoga en Lalín, no
pavillón Lalín Arena.
Esta fase
xogarase en dous días, o sábado 22 xogan as 10:00 da maña a semifinal contra o
Sar Ledisson B e o domingo 23 en función do resultado que se obteña neste
partido, xogan polo primeiro/segundo posto ou polo terceiro/ cuarto posto da final four.
Estate atento/a
as redes para enterarte dos resultados e de que partido nos toca xogar
123ArribaRibadosar!!!
O Equipo Cadete Masculino Clasificouse para xogar a eliminatoria para a final four. Pasaron a
esta eliminatoria os catro primeiros de cada grupo.
Este fin de semana os cadetes xogan este venres pola tarde o partido aprazado en Arteixo, e o domingo co BM Lucus no Quiroga Palacios. Moi importantes puntuar nestes dous partidos, xa nos xogamos pasar a eliminatoria pola Final Four. Pasan os 4 primeiros de cada grupo.
Os infantís e os alevíns xogan o domingo en Lugo a derradeiras xornada desta fase. Cos infantís empezamos esta tempada moi resentidos polas baixas de xogadores, pero agora a final de tempada co apoio dos alevíns están a progresar moito. Os alevíns rodáronse moito en categoría infantil e veulles ben a hora de competir na súa categoría, a falta de dúas xornadas seguen no segundo posto.
Os equipos sénior e xuvenil masculino xa acabaron as súas fases para esta tempada. O equipo senior tivo unha segunda fase con unha progresión moi boa sempre dando un pouco mais. O ultimo partido contra o Carnes do Ribeiro perdeuse de 3 goles levándonos na táboa clasificatoria do 1º posto ao 3º empatados co 2º a puntos. De gañar este partido pasariamos a xogar a Final Four.
O Equipo xuvenil este ano estivo moi tocado polas lesións, o que imposibilitou ao equipo loitar por estar ai arriba. Moitos ánimos para todos os lesionados e pronta recuperación.
O Equipo cadete feminino a falta dunha xornada para acabar a liga de prata seguen clasificadas no segundo posto, e clasificadas xa para xogar a Final Four. Esperemos que as lesións non nos impidan participar.