Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 11 de xullo de 2022

Primeiras xornadas de balonmán no concello de Teo. Gratis!!

 Actividades gratuitas de Balonmán nos meses de verán na Comarca de Santiago.

Están de noraboa os rapaces e rapazas do Concello de Teo, xa que temos confirmado varias xornadas gratuitas programadas nas distintas datas e lugares:


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao lugar e data que escolleras.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
    3. Unha toalla pequena
    4. Unha visera
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

Primeiro campus de balonmán en Santiago.

 Actividades gratuitas de Balonmán nos meses de verán na Comarca de Santiago

Están de noraboa os rapaces e rapazas de Santiago, xa que temos confirmado un campus que se celebrara no Pavillón Apóstolo Santiago (Santiago)  Inicio o 27 de xuño de 10:00 a 13:45 


Que teño que facer para poder asistir:
  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao pavillón do CEIP Apóstolo Santiago o 27 de xuño as 10:00
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
    3. Unha toalla pequena
    4. Unha visera
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo.






mércores, 15 de xuño de 2022

Actividades gratuitas de Balonmán nos meses de verán na Comarca de Santiago


O Balonmán Ribadosar acolliuse o Plan Corresponsables coa Federación Galega  de Balonmán, Secretaria Xeral para o Deporte e o Ministerio de Igualdade.

Por iso este veran temos previstas varias actividades Totalmente Gratuitas para axudar a conciliación das familias e dar a coñecer o balonmán aos nenos e nenas de idades entre 5 e 14 anos na Comarca de Compostela.

Pola pouca dispoñibilidade das instalacións deportivas iremos actualizando neste blob e na web www.ribadosar.es os distintos puntos nos que imos estar.

O único que teñen que facer as familias e inscribirse no seguinte formulario. 

https://forms.gle/RLdD84XjNc4LRFaX8 

Están previsto levar a cabo varios campus en Santiago, Teo, e Ames en horarios de 10:00 a 13:45 horas a esperas de cerrar outros concellos, colexios e anpas.

Tamen temos previsto facer actividades puntuais en pistas exteriores, balonmán herba e un longo etc.

Unha gran oportunidade para que os nenos e nenas desta comarca coñezan un deporte de equipo novo para moitos de eles. 


Actividades Confirmadas:

Pincha nos distintos links para ver máis información






xoves, 19 de maio de 2022

Programación para o 21 e 22 de maio.

Xa estamos próximos a finalizar esta tempada, e aquí vos detallamos a actividade do club para esta fin de sema.

O sábado pola maña equipo cadete xoga o seu derradeiro partido da tempada contra un duro rival como e o Abegondo. Desexamos moita sorte aos nosos despois de unha tempada tan boa como fixeron.

O domingo temos aos nosos benxamíns liados todo o día. Clasificáronse para a fase final da Copa Deputación da Coruña que se disputa en Camariñas. Esta fase xogase durante todo o día, pola maña xogase a fase de grupo e pola tarde as 16:40 horas semifinais Benxamín, as 18:00 3º-4º posto e final benxamín. De 18:45 a 19:00 horas entregas de trofeos e medallas

Os xuvenís tamén se clasificaron para a fase final da Copa Federación e xogan as 18:00 horas en Vigo contra o Reconquista. Partido complicado no que o gañador pasa a semifinal da copa que se celebrara o próximo fin de semana.

Moita sorte a todos!!!








 

xoves, 12 de maio de 2022

Horarios para o domingo 15 de maio. Copa Deputación

 Este domingo temos unha maña chea de balonmán no pavillón do Quiroga Palacios.

Empezamos coa xornada da Copa Deputación da Coruña  grupo F de benxamín balonmán 5. Participan os equipo de BM Xallas, BM Camariñas e BM Ribadosar. Isto empezara as 9:30

Despois da xornada de copa dos benxamíns xogan os cadetes a segunda xornada de copa sponsor contra o BM Atlántico.

Esperámoste no pavillón Quiroga Palacios










Comunicado da Federación Galega

Este e o comunicado que nos enviaron dende a Federación Galega de Balonmán con respecto a como quedan as distintas competicións. Chegouse a estes acordos despois da reunión  telemática celebrada onte as 19:00 horas.

No caso noso aféctanos:

En xuvenil masculino suspendese os cuartos de final da copa sponsor, así que o equipo xuvenil quedou campión de copa no grupo E

En cadete so se xoga a copa sponsor (quedan dúas xornadas). Non imos ter cuartos, semifinais e finais.

En benxamín modificase a data da Final Four benxamín para o 4 de xuño.




martes, 3 de maio de 2022

Crónica e horarios de balonmán para o 7 de maio

O equipo sénior acabou a fase con moi bo sabor de boca a pesares de perder contra o Atl Guardes (30-28) na súa casa. Un partido que estivo moi igualado en todo momento facendo unha defensa moi sólida e un ataque mais claro que noutras ocasións. A nota negativa as lesión de Cristián e de Ricardo, desexámoslle unha pronta recuperación.

O Equipo Cadete esta pasada fin de semana empezou a copa xogando en Narón. Despois de un partido moi complicado trouxemos os dous puntos para a casa. Este fin de semana descansa.

Este fin de semana xogamos a terceira xornada de copa co equipo xuvenil no Pavillón do Restollal contra o ED Poio Artai, ultima xornada da fase na que nos xogamos o pase a cuartos de final.